Entrada destacada

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

jueves, 14 de noviembre de 2019

ENCONTROS TEI NA BIBLIOTECA

14 DE NOVEMBRO 2019: ENCONTROS TEI
O alumnado de 5º Ed. Primaria e 3º de Ed. Primaria realizaron un encontro na biblioteca do CEIP A Solaina para continuar co TEI no presente curso.
Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 5º Ed. Primaria recibiron un Diploma de titores dos nenos e nenas de 3º curso.
 Ademáis contamos coa presenza de Diego Rivas, actual porteiro do Racing de Ferrol e que foi alumno deste centro. Con él compartimos uns momentos moi especiais e deixamos unha mostra desta xuntanza a continuación 










miércoles, 13 de noviembre de 2019

María Canosa visita a nosa biblioteca

Hoxe 12 de Novembro, a escritora María Canosa estivo co alumnado de 5º EP na Biblioteca presentando o seu libro de poemas "ACUARIO".

En días previos os nenos e nenas de E.I foron ver ó AUDITORIO Municipal a obra de teatro "ACUARIO" representada polo grupo teatral Ghadafellos.



PARA VIAXAR NON HAI MELLOR NAVE QUE UN LIBRO


Comezan a funcionar este curso 2019/2020 as mochilas viaxeiras


Aprendendo e dIsfrutando xuntos…


         A colaboración no programa “Mochilas Viaxeiras”

Estimados/as pais/nais/ titores/as,

A biblioteca do Colexio, en expansión nos últimos anos e inmersa en diversas actividades e iniciativas para fomentar o tan necesario hábito de lectura nos nenos e nenas, súmase neste curso 2019-2020  a unha interesante iniciativa promovida dende a  Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia: o programa “Mochilas Viaxeiras”.

Dita actividade, que vos presentamos con anterioridade, comeza a súa andaina.
Co material da mochila viaxeira poderedes viaxar con eles e descubrir novos mundos. E, se cadra, o máis importante: lembrar que, como di o libro de El Principito, “tódalas persoas maiores fomos primeiro nenos”.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

A LUDOTECA DA SOLAINA

Dnde o curso pasado, funciona na nosa biblioteca, a ludoteca da Solaina. Un espazo de encontro e de xogos para os nenos de nenas do centro.





25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na biblioteca do CEIP A SOLAINA queremos conmemorar esta data facendo unha exposición de libros e álbums ilustrados que recollen e ensalzan a figura da muller na sociedade.